Friday 10 de May de 2024

O Consorcio Provincial da Coruña aproba de forma pioneira en Galicia o recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo


 

  • O acordo, acadado entre o Consorcio e a parte sindical o pasado 4 de abril, foi aprobado esta mañá na sesión de pleno ordinario do Consorcio.

 

  • En dita aprobación inclúese tamén o recoñecemento da antigüidade dos bombeiros.

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña celebrou esta mañá na sede da Deputación da Coruña unha sesión de pleno ordinario encabezada polo presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, na que se oficializou a aprobación definitiva do recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo, sendo a entidade coruñesa a primeira en facelo dentro do ámbito autonómico.

Deste xeito formalízase con carácter oficial o acordo acado o pasado 4 de abril entre o Consorcio Provincial coruñés e os profesionais, segundo o cal, ademais do paso a persoal laboral fixo das 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo, tamén se recoñece a antigüidade dos traballadores e traballadoras.

Reparto dos efectivos

Con esta modificación da cualificación xurídica da natureza da relación laboral do persoal subrogado o reparto nos dez parques provinciais é o seguinte: